24.1.18

MOBILIZACIÓNS SANIDADE PÚBLICA.-

 
 
 
CONCENTRACIÓN DEFENSA SANIDADE PÚBLICA FERROLTERRA
 
Edificio da Xunta de Galicia-Praza Amada García-Ferrol  ás 19,30h
 
 
MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
 
 

 
 
 


17.12.17

Feliz Aninovo-2018.-

 
 
 

   
 A Xunta Directiva da  Asociación veciñal O Rosario do Inferniño,   desexavos;
 
 
 BOAS   FESTAS 
 
FELIZ ANINOVO-2018
  

 
 



20.11.17

Teatro Solaz Moraina - 24 Novembro-17



 
 
TEATRO SOLAZ MORAIMA 
 
 
  Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño, convidamos a cidadanía a unha actuación do grupo de Teatro SOLAZ  MORAIMA este vindeiro venres, 24 de novembro ás 18,30h no Salón de actos do Centro Cultural Carvalho Calero co obxecto de reivindicar o día contra a violencia de xénero.
 
Esta Asocición organiza este acto dentro da programación de FERROL ESCENA da Concellería de Cultura do Concello de  Ferrol.
 
 
- Saúdos .-
 
 


1.11.17

Actuación Coro Diapason - 4 Novembro.-

 
 
 

- CORO SONSDODÍA-
 
- DIAPASÓN -


 
 

 

  A Xunta directiva convida a cidadanía a unha actuación do Coro de voces DIAPASÓN - SONSDODÍA este vindeiro Sábado, 4 de novembro ás 19 horas no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero.
 

   Esta actuación forma parte da programación cultural FERROL ESCENA 2017 da concellería de cultura de Ferrol.










 

- Saúdos .-

- Directiva .-


 

17.10.17

" Distraída eu"

 

Teatro - " Distraída eu"
 
 




   A xunta directiva da Asociación veciñal O Rosario-Inferniño convida a veciñanza a unha obra "DISTRAÍDA EU"  de Crucia Teatro este vindeiro sábado-21 ás 19 horas no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero.
 

 
  Esta actuación forma parte da programación de FERROL ESCENA da propia Concellería de Cultura do concello de Ferrol e a organización deste evento por parte desta Asociación veciñal.











 
- Saúdos

- Directiva.-


 

Fwd: Atraccións privadas.-






A Xunta directiva da Asociación veciñal O Rosario- Inferniño denunciamos  unha vez máis a ocupación da Praza Pública do Inferniño con atraccións comerciais PRIVADAS igual que viña sucedendo co goberno anterior.

Amosamos e denunciamos o IMPACTO VISUAL destes atraccións, con camións dentro desta Praza do Pública cos posibles desperfectos que poden causar.




Reiteramos as nosas denuncias pola mala utilización dos espazos e prazas públicas para fins de interese privada. 
Denunciamos tamén a reiterada utilización destes espazos para usos de adoutrinamento relixioso coa autorización e complicidade do goberno local para disgusto de parte da cidadanía que lembramos debe respetarse o principio de ESTADO ACONFESIONAL nestes lugares públicos, igual que o anterior goberno local , polo que esperamos non se repitan.




 

Instamos ao goberno municipal unha corrección e visión de respecto polas prazas e espazos PÚBLICOS para o uso e disfrute da cidadanía sen a necesidade de intereses privados.


 

- Saúdos .-

- Xunta directiva .-

 

DOCUM. MOBILIDADE - REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-

 
 
 



   A Xunta directiva recibimos a comunicación do Documento do Plan de Mobilidade  para información desta Asociación e sen comunicar a posibilidade de presentar ALEGACÍÓNS e seus PRAZOS polo que preguntamos se este documento está sometido a debate participativo dos órganos do Regulamento de PC e con tempo suficiente dun mínimo de 10 días para  presentación de alegacións desde a súa comunicación.

  Esta Xunta directiva expresamos a nosa desconformidade co Goberno Local motivado a ausencia de debate participativo por despreciar o Regulamento de Participación Cidadá en vigor.

  Pensamos que este debate deberíase impulsar dende o goberno local a través dos órganos do Regulamento de P.C. como un  FORO CÍVICO de Urbanismo-modelo de cidade  e a súa Comisión Permanente interna; Asembleas de Barrio para información e formulación de propostas ou os Consellos Sectoriais.

  Non recoñecemos esta Participación do goberno local por tratarse de parches ou actos puntuais e illados. Entendemos a Participación Cidadá nos termos aprobados no Pleno pola unanimidade de grupos políticos e o impulso continuado da cidadanía.

  Este goberno perdeu a oportunidade de formar, informar e debater temas importantísimos para a cidadanía, privando os dereitos cidadás aprobados no Regulamento de P.C., vulnerando a VIXENCIA deste REGULAMENTO que impulsou o movemento asociativo xunto a cidadanía.

   Denunciamos o incumprimento dos acordos do Consello da Veciñanza do pasado 21 de decembro para o nomeamento da COMISIÓN PERMANENTE co fin  de impulsar e aplicar o REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
Pedimos a inmediata CONVOCATORIA do CONSELLO da VECIÑANZA para analizar e valorar o actual estado do Regulamento de Participación Cidadá e nomear a súa COMISIÓN PERMANENTE.


Saúdos

 


31.5.17

Marcha a pé a Mugardos

 
 
Marcha a pé a Mugardos

 
 
 
 
 

Moción de Ferrol en Común sobre REGANOSA


Moción de Ferrol en Común sobre REGANOSA



Moción sobre REGANOSA que Ferrol en Común presenta hoxe ao Pleno do Concello de Ferrol

25.05.2017
  A planta de REGANOSA é unha instalación perigosa no interior da Ría de Ferrol, perigosa porque está instalada a pouco máis de 100 metros dos veciños de Mehá e a 900 m do Arsenal Militar e engadido a isto ten anexo un complexo petroquímico que almacena á súa vez 300.000 m³ de combustibles e produtos químicos. Situada esta bomba de reloxería no corazón da ría de Ferrol nun entorno de algo máis dos 100 000 habitantes. 
 
  O proxecto inicial de instalación data dos anos 90 e estaba prevista sita no Porto Exterior de Ferrol, pero os intereses do Grupo Tojeiro co apoio de Manuel Fraga Iribarne e o conselleiro de Economía Don José Oza, asinando un convenio Xunta/Reganosa foi recolocar a planta en terreos do Sr. Tojeiro constituíndo un auténtico pelotazo urbanístico gañando 30.000.000€ e favorecendo a instalación da devandita planta ao lado da empresa Forestal Atlántica.
 
   Unha instalación que contaba con dúas Resolucións da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 2002 e 2004 e que foron alunadas en marzo de 2016 pola sección terceira da Sala do Contencioso – Administrativo do Tribunal Supremo que dictou sentenzas que afectaban a autorización administrativa previa para a instalación da citada planta de recepción, almacenamiento e regasificación de GNL e ao proxecto de execución das instalacións, respectivamente. Facendo de REGANOSA unha instalación non só perigosa, senón ILEGAL. Política de feitos consumados.
 
  Pero o PP non se arredrou e excedendo as súas funcións como aconteceu no caso de Ence, en lugar de deixar que as solicitudes de Reganosa seguisen a súa tramitación ordinaria optou por reducir os tempos a metade, e invadir atribucións propias do poder xudicial, ao entrar a decidir sobre cuestións que estaban xa resoltas xudicialmente, e tamén atribucións propias do poder lexislativo vulnerando o principio democrático de separación de poderes. Todo isto para protexer e favorecer unha vez máis os intereses dun grupo empresarial, por enriba da propia legalidade e por suposto moi por enriba dos intereses dos galegos e galegas.
 
  Pero o papel xogado polo PSOE e polo BNG neste caso, non deixa de ser xa non incoherente que tamén, senón máis ben esperpéntico. Unha e outra vez atopamos a estos dous partidos, como comparsa necesaria para as propostas "comerciais do PP" respecto REGANOSA. Caso sorprendente o do BNG que co caso ENCE tivo unha posición, dicindo que o PP defendía os intereses dos grupos empresariais, pero co caso de REGANOSA, a súa postura e ben distinta, como ben puidemos ver no último episodio no Parlamento de Galicia.
 
  O día 10 de maio de 2017, como PSOE e BNG coa tan de moda "abstención técnica" favorecían o "mercadeo do PP" sendo valedores dos intereses comerciais dunha empresa privada; xa que coa aprobación no Parlamento Galego para ampliar a capacidade da regasificadora, isto é convertir a Reganosa nun nodo de operacións de gas licuado o que leva consigo aumentar o tránsito de gaseiros no interior da ría, e aumentar a perigosidade da instalación. Unha proposición a do PP que só tivo na súa contra a oposición do grupo parlamentar de En Marea. 
 
  Dende a Xunta de Galicia insisten unha e outra vez en buscar parches para facer rendible proxectos como o de REGANOSA, tentando atopar unha saída sostible e rendible para unha instalación escasamente rendible, en lugar de apostar por enerxías limpas e sostibles. 
 
  A instalación da planta de Reganosa no corazón da Ría, non só é perigosa, tamén é insostible ambientalmente xa que xerou prexuízos certos para os bancos marisqueiros, polo verquido de auga ao mar a unha temperatura distinta da ría logo do proceso de refrixeración matando o placton que a base da biodiversidade e que está afectar aos bancos marisqueiros e de pesca.    Pero iso non importa aos grupos PP, PSOE e BNG que prefiren seguer blindando unha instalación escasamente rendible por favorecer os intereses certos do Sr Tojeiro.
 
Consecuentemente,  FeC proporá ao Pleno Municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:
  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno galego a realizar todas as accións oportunas para conquerir o desmantelamento da planta de gas de Reganosa no seu actual emprazamento.
  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno galego a denunciar o convenio asinado en tempos de Manuel Fraga e saír do accionariado da planta.
  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno da Xunta a facer público o expediente sobre planificación do solo, análise de riscos previos á decisión e as achegas veciñais duranto o proceso segundo prescribe a Directiva Europea 96/82 CE.
  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno da Xunta e ao goberno de España que acate que cumpla as sentezas do Tribunal Supremo e repoña a legalidade vulnerada.



--
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995



 

Toxos e Froles- Letras Galegas

 
 
TOXOS E FROLES
 
LETRAS GALEGAS- 2017
 
 
 
  

 
 
 
Actuación do REAL CORO TOXOS e FROLES  polas  Letras Galegas-2017  no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero .-

 

 

15.5.17

Letras galegas- Toxos e Froles-2017.


 
  
A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño convida a cidadanía a actuación de musica galega do REAL CORO TOXOS E FROLES dentro da programación FERROL A ESCENA-2017 e celebrar as LETRAS GALEGAS-2017 no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO este vindeiro venres-19 ás 19 horas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
- Saúdos .-
 
  

Previos Foro Cívico Maiores- Río Xubia.-

 
 
 
 
FORO CÍVICO
 
DE
 
PERSOAS MAIORES
 

 
A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño convida a cidadanía a participar na seguinte xuntanza preparatoria do FORO CÍVICO de PERSOAS  MAIORES organizada pola concellería  de Participación  Cidadá  do Concello de Ferrol no local social da Rúa Río Xubia este vindeiro Venres-19 ás 17,30 horas.
 
 
 
 













 Previos Foro Cívico Maiores.( Imaxe da xuntanza celebrada na Asociación veciñal de San Xoán)


 

Teatro Solaz Moraima.

 

 Teatro Infantil
MORAIMA
 
 
 

 
 
 
 
 

"Ferrol coas Irmandades da Fala" sábados de abril.-

 
"Ferrol coas Irmandades da Fala" sábados de abril.-



O Concello celebra o centenario da Irmandades da Fala de Ferrol (1917-2017) cun roteiro todos os sábados de abril para divulgar a memoria da cidade e recuperar a súa autoestima

O Concello de Ferrol anima á cidadanía a participar nesta ruta urbana que comeza este sábado 1 de abril ás 17 horas desde a praza de Amboaxe. Repetirase todos os sábados de abril (1, 8, 15, 22, 29). "Ferrol coas Irmandades da Fala" está deseñado en sete paradas que veñen resumidas nunha pequena publicación realizada para o evento. Trátase, deste xeito, de contribuír desde o concello á celebración dos 100 anos das Irmandades da Fala e pór en valor a cidade e o papel ás veces descoñecido, pero ben importante, que tivo Ferrol no seu nacemento. Foi un 15 de abril de 1917 cando se funda a Irmandade da Fala de Ferrol. O Concello quere converter este abril de 2017 no mes das Irmandades.

  1. No uso do galego latexa a nosa liberdade. Nesta parada inicial reivindícase a primeira vez que se usou a lingua galega de forma íntegra en Ferrol nun acto público. Foi o 11 de Febreiro de 1917 no Salón Amboaxe, un antigo cine situado no colexio dos Mercedarios. Pronunciounas Antón Vilar Ponte. O 15 de Abril dese mesmo ano, logo deste acto, fican constituidas as Irmandades de Ferrol, con Xaime Quintanilla como conselleiro primeiro.

  2. Xaime Quintanilla, irmán da fala. A segunda parada do roteiro reivindica o papel do ex alcalde como principal dinamizador das Irmandades na cidade e fundador da editora Céltiga. Lémbrase, por tanto, a súa casa como punto de encontro da intelectualidade ferrolá, onde mantiña un faladoiro no que participou o propio Carvalho Calero.
  3. Toxos e Froles, fachenda das nosas raíces. Malia que semelle todo dito sobre o coro, cómpre facer fincapé en que é pioneiro como coro do proletariado e na incorporación da muller ao mesmo, no período 1020-1923, durante o que ingresaron cinco mulleres, entre elas a actriz Pilar Suárez.
  4. El Correo Gallego contra o galego. Desde a Rúa Real 181, o director de El Correo Gallego bufaba contra as Irmandades. O xornal chegou a publicar que «defender os intereses galegos era un crime de lesa patria». Coa lingua por bandeira, porén, inaugurouse o primeiro local das Irmandades de Ferrol na rúa Rúal o 13 de decembro de 1917.
  5. En Ferrol naceu a primeira editora en galego. A Irmandade da Fala fundou Céltiga, o primeiro proxecto editorial no noso idioma. Na súa colección apareceron trece títulos que combinaban os autores da cidade con outros de relevancia no ámbito galego como Castelao.
  6. A Capela Sisitina Galega Bello Piñeiro asina o conxunto mural co que se inaugura o Casino de Ferrol (1925). Unha creación de cento cinco metros cadrados ao que se lle chama a Capela Sistina Galega malia ser pouco coñecida para o público en xeral, incluso nestes tempos nos que a pintura mural está a ter un grande protagonismo social e cultural en case todas as grandes vilas e cidades.
  7. Un teatro para facer país. O teatro Jofre convértese no epicentro do teatro galego. É neste escenario onde se estrean as obras máis importantes das Irmandades da Fala, entre elas: Donosiña, de Xaime Quintanilla, que xa en 1920 tentaba rachar tabús abordando o tema do adulterio feminino.

Todos os sábados de abril ás 17.00h
Praza de Amboaxe
Inscricións 698 157 414
      
                    

23.11.16

Teatro ESTALEIRO - Obra "MAL-TRATO". Día contra a violencia de xénero.-



 
 


 
 
 A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño celebra este vindeiro venres-25 ás 19 horas o día contra a violencia de xénero a  Obra de Teatro "MAL-TRATO" da compañía ESTALEIRO  no Centro Cultural Carvalho Calero.
 
 
Esta obra forma parte do Programa FERROL ESCENA-2016 da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. 
 
 
 
 
 
 
 
- Saúdos .-
 
- A Directiva .-
 
 
 
 
 
 
 
 

10.11.16

Convocatoria ASEMBLEA ORDINARIA -

 
 
 
-     CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-
                                                         -  18 de Novembro de 2016 -

 
                 Benquerido/a  socio /a ;
 

         A Xunta directiva CONVOCA aos soci@s para celebrar unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, no local social, o vindeiro día  18 de Novembro ás  18,30h. en primeira convocatoria e ás 19 h na segunda. 


                      Orde do día .-

1 .- Lectura e aprobación da ACTA  Asemblea Ordinaria anterior.

                     2 .- Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL .-

3 .- Previsión programa ACTIVIDADES-2016.

4.- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio-2015.- 

5 .- Previsión económica deste exercicio 2016

6 .- Suxestións e preguntas.

    

                  Ferrol a 4  de Novembro  de  2016.-


 

TEATRO INFANTIL "SOCIALIZ-ARTE" - VENRES- 28 Outubro- INFERNIÑO


 
 


   Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, organizou  unha representación  INFANTIL do Grupo de TEATRO " SOCIALIZ-ARTE " este VENRES-28 ás 18 horas no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal Carvalho Calero.

- Teatro infantil dentro da Programación Cultural  Municipal deste concello de Ferrol " FERROL A ESCENA-2016".

- Esta representación interactiva co publico infantil que decidiron o seu propio guión e representación.






Saúdos .-


 
- Directiva .-


--

Clases de GAITA .-


 
 
 
 - CURSO de GAITA -
 

 
Curso de GAITA en iniciación a cargo do mestre Victor Agulló os martes e xoves .


 




- Directiva .-


Curso Fotografía Dixital - Photoshop .-





 
 
 
FOTOGRAFIA DIXITAL 
 
 PHOTOSHOP
 



          Curso de FOTOGRAFIA DIXITAL e PHOTOSHOP imparte María Loureiro no local desta Asociación veciñal os sábados.

 


- Saúdos .-

--


28.9.16

Inferniño folk-2016 - Berros do Castro

 




 
 
 
 
 
  Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño e Asociación Cultural TERRA MEIGA organizan  o Inferniñofolk-2016 o venres, 1 xullo às 20.30h no salón de actos do Centro  Cultural municipal  Carvalho Calero a unha actuación do Grupo de Musica galega tradicional "BERROS DO CASTRO" dentro da programación cultural FERROL ESCENA-2016 da concellaría de Cultura.
 
 
 
 
 
 
Tamén abrirán este festival as Cantareiras "FARAGULLAS"
 
 
 
Saúdos

 



 

14.6.16

V INFERNIÑO FOLK - 2106 .-

 

 
 
 
 - V  INFERNIÑO FOLK -2016 -
 
Centro Cultural Municipal
Carvalho Calero
 
 
   Esta Asociación veciñal O ROSARIO. INFERNIÑO  e a Asociación Cultural TERRA MEIGA convida a cidadanía a disfrutar da actuación musical folk galega a cargo do Grupo ALÉN DE ANCOS este vindeiro Venres-17 a partir das 21h no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, neste barrio do Inferniño.
 
    Esta actividade cultural forma parte do programa FERROL ESCENA -2016 da Concellaría de Cultura deste Concello de Ferrol.
 

Saúdos
 


- Asoc. V. Inferniño -

- Terra Meiga .-

INFERNIÑO FOLK -2016 - Venres-17


- INFERNIÑO FOLK-2016 -
Centro Cultural Municipal
Carvalho Calero
Venres -17

- Imaxe ALÉN DE ANCOS -


    Esta Asociación veciñal O ROSARIO INFERNIÑO e a Asociación Cultural TERRA MEIGA convida a cidadanía a disfrutar da actuación musical folk galega a cargo do Grupo ALÉN DE ANCOS este vindeiro Venres-17 a partir das 21h no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, neste barrio do Inferniño.

Esta actividade cultural forma parte do programa FERROL ESCENA -2016 da Concellaría de Cultura deste Concello de Ferrol.



Saúdos



- Asociacións V. Inferniño e Terra Meiga.
 

-

Entrevista a Patricia en Praza Publica




 Comite Cidadan de Emerxencia

Entrevista a Patricia en Praza Publica




 
Instalacións de Reganosa en Mugardos
© CCE
s 
Praza Publica 07  Xuño 2016
 
"O acordo do Consello de Ministros sobre Reganosa ten indicios de
prevaricación"
 


 
A avogada Patricia Gabeiras, á esquerda
 
Especulación urbanística, decisións políticas que buscan favorecer intereses privados, infraestruturas innecesarias, un sistema enerxético sostido artificialmente, elevación do prezo da electricidade, dano ao medio ambiente, manipulación informativa. O caso de Reganosa é un dos exemplos máis claros das peores prácticas políticas e económicas que sufriu España nos últimos anos e das súas consecuencias. Ao igual que sucedeu coas autoestradas radiais de Madrid, coa desalgadora de ACS en Murcia, co caso Castor ou con outras infraestruturas (como algúns proxectos hospitalarios público-privados), a planta de gas situada en Mugardos non foi outra cousa que un agasallo posto nas mans dunha empresa privada (neste caso o Grupo Tojeiro), que se enriqueceu sen tomar apenas riscos económicos e sen competencia. Un transvase de recursos públicos a mans privadas no marco da peor versión dun capitalismo engraxado con favores políticos.  
17 anos despois do inicio do proxecto de Reganosa e 9 anos despois do comezo da actividade da planta, o círculo xudicial comeza a pecharse sobre os propietarios da instalación. O Tribunal Supremo anulou a través de dúas sentenzas a autorización previa da planta (concedida en 2002) e o proxecto de construción, deixando Reganosa sen os permisos necesarios para funcionar e obrigándoa a comezar de novo todo o procedemento. Con todo, hai dez días o Consello de Ministros en funcións acordou, de forma sorprendente, eximir a planta de gas da necesaria avaliación de impacto ambiental e permitir acurtar os trámites, para evitar que a instalación funcione nunha situación de ilegalidade.
O pasado xoves o Comité Cidadán de Emerxencia celebrou en Ferrol un acto público que era, ao tempo, unha acción de denuncia e reivindicación ante a decisión do Goberno en funcións, e unha celebración das sentenzas do Tribunal Supremo, que poñen fin a anos de demandas e recursos. "O Supremo xa falou. Queiran ou non déronnos a razón", podíase ler nunha faixa. "O de hoxe é un acto importante. Non vou dicir que isto é unha refundación do Comité Cidadán, pero si que debe ser un acto de reforzamento, para dar o impulso definitivo e conseguir o peche da planta", destacou Rafael Pillado, un dos representantes da plataforma. No acto, ao que asistiron máis de 200 persoas, interviron alcaldes, colectivos sociais, veciñais, ecoloxistas e partidos políticos (dende Esquerda Unida, Anova, Podemos ou Espazo-Equo, ata PSdeG-PSOE e BNG) que de forma unánime manifestaron a súa esixencia de que a planta de gas de Reganosa cese a súa actividade e sexa desmantelada. 
 
"A historia de Reganosa é unha sucesión de enganos e de manipulación da información publicada nos medios"
O Comité Cidadán de Emerxencia, a través da súa avogada Patricia Gabeiras, presentou xa un recurso ante o Tribunal Supremo, ao considerar que a decisión adoptada polo Consello de Ministros queda fóra das súas competencias e é ilegal, sinalando que o Goberno en funcións estaría prevaricando. De igual xeito, En Marea solicitou a convocatoria da Deputación Permanente do Congreso para tratar unha posible invasión de competencias (do poder lexislativo e xudicial) por parte do Executivo. En principio, a solicitude será denegada, aínda que a formación xa adianta que a recorrerá. Falamos coa avogada Patricia Gabeiras.
 
"O acordo do Consello de Ministros dános a razón: por que se ten que eximir a unha instalación deste tipo de pasar o trámite de avaliación ambiental? Porque non a poden pasar"
Cal é a importancia das sentenzas ditadas polo Supremo?
As dúas sentenzas son contundentes, declarando a nulidade das autorizacións, debido a que esas autorizacións se concederon nun procedemento absolutamente manipulado, tramposo. Reganosa creouse enganando a Autoridade Portuaria, enganando a poboación de Mugardos, enganando o Ministerio de Industria e enganando as autoridades medioambientais. A historia de Reganosa é unha sucesión de enganos e de manipulación da información publicada nos medios e agora quere seguir manipulando os medios de comunicación e enganando a cidadanía.
Non é certo que o Supremo dixese que os defectos da planta son subsanables. O Tribunal dixo que tanto a autorización previa coma a autorización de construción son ilegais e que -como engadiu nun recurso de aclaración que interpuxemos para que non houbese dúbidas- se Reganosa quere retomar a súa actividade, ten que solicitar dende un inicio a súa autorización e debe cumprir con todos os requisitos que esixe a lei. Reganosa emprega outros argumentos que tamén son mentira: din por exemplo que o Supremo non declarou nulos os procedementos e declaracións medioambientais. Pero é que non o ten que facer, simplemente anula as autorizacións e dille á empresa que se quere seguir operando ten que comezar todo o proceso de novo. Como non poden superar ese proceso, é por iso que agora recorren a novas trampas. O acordo do Consello de Ministros dános a razón: por que se ten que eximir a unha instalación deste tipo de pasar o trámite de avaliación ambiental? Porque non a poden pasar.
"Non é legal que de maneira individualizada un goberno decida a quen se lle aplica unha norma e a quen non"
Por que considerades que a decisión do Consello de Ministros é ilegal?
O acordo é ilegal porque, primeiro, foi ditado por un Consello de Ministros en funcións, que só pode levar a cabo actividade ordinaria. Son tantas as limitacións que teñen os executivos en funcións que, por exemplo, non poden designar un novo ministro de Industria, en substitución de Soria, e é por iso que Luis de Guindos segue cumprindo esas funcións. É por iso que non pode designar un director xeral de Medio Ambiente, un cargo que actualmente está vacante. Este mesmo Consello de Ministros que non pode levar a cabo estas funcións pode asinar un acto que exima a Reganosa da avaliación de impacto ambiental no novo procedemento que ten que tramitar? Pois non.
En segundo lugar, o contido do acto tamén é ilegal, porque o que está facendo o Consello de Ministros é eximir a unha persoa concreta, de maneira subxectiva, da aplicación dunha norma. As normas aplícanse de maneira obxectiva. Non é legal que de maneira individualizada un goberno decida a quen se lle aplica unha norma e a quen non. É unha fraude de lei, porque o Goberno en funcións ampárase nun artigo da Lei de Avaliación Ambiental que di que, en determinados momentos, os gobernos poderán eximir a determinadas instalacións de pasar esa avaliación ambiental. Pero este é un artigo de emerxencia, previsto para casos excepcionais, de catástrofes naturais. Non está para que un Goberno en funcións legalice instalacións declaradas ilícitas.
"Imos pedir medidas cautelares e que se lle dea traslado deste asunto á Fiscalía. O acordo do Consello de Ministros ten indicios de prevaricación, porque o que se está facendo é tentar favorecer os intereses privados dunha empresa como Reganosa"
O Goberno en funcións tamén asegura que, en substitución do trámite de avaliación ambiental, empregou un "Informe de viabilidade ambiental da planta de regasificación de Mugardos". Que validez ten?
Ningunha. Ese informe non é máis que unha documentación que presentou Reganosa o día 23 de maio, é polo tanto unha declaración de parte, e que o Consello de Ministros supostamente analizou en só tres días. A lei esixe ademais que esa avaliación pase por todos os organismos competentes. Houbo tempo neses tres días para pedir informes a todos estes organismos? Claro que non. Presentase o que presentase Reganosa o Consello tería eximido a empresa de pasar unha avaliación ambiental. Por unha razón: porque o Goberno sabe que Reganosa nunca poderá superar esa avaliación ambiental.
Presentastes un recurso ante o Tribunal Supremo contra esta decisión. Que percorrido vai ter?
Presentamos recurso ante o Tribunal Supremo, que ten a competencia de avaliar e controlar a acción do Consello de Ministros. A encargada é a Sala Terceira, a mesma que ditou as sentenzas. Estamos en terreo coñecido. Imos pedir tamén medidas cautelares e que se lle dea traslado deste asunto á Fiscalía. Dende o noso punto de vista, o acordo do Consello de Ministros ten indicios de prevaricación, porque o que se está facendo é tentar favorecer os intereses privados dunha empresa como Reganosa, propiedade maioritariamente de mans privadas. Teñen, por suposto, todo o dereito a levar a cabo a súa actividade, pero non o poden facer de forma ilegal e valéndose dunha relación estreita coas administracións.
"Se pecha Reganosa, a solución é inmediata: reabrir os tubos e estariamos igual de abastecidos"
O Goberno en funcións xustifica esta urxencia sinalando que, sen Reganosa, se poría en risco o subministro de gas en Galicia e mesmo en Portugal e que, ademais, habería unha situación de perigo nas estradas polo tránsito de camións cargados de gas dende Bilbao ou Huelva ata Galicia? Teñen fundamento estes argumentos?
Os argumentos son falsos. En primeiro lugar, en ningún caso habería desabastecemento. Hai que lembrar que en 2007, para incorporar a Reganosa á rede, Enagás tivo que modificar o sistema de distribución de gas para evitar un colapso, porque esta planta era innecesaria. O que se fixo foi pechar os gasodutos que abastecían a Galicia. Polo tanto, se pecha Reganosa, a solución é inmediata: reabrir os tubos e estariamos igual de abastecidos. Tampouco ten sentido a referencia que fan a Portugal, pois este país autoabastécese. E, finalmente, o asunto dos camións é completamente disparatado, pois en todo caso o gas chegaría a Galicia a través de gasodutos, que para algo están aí e os estamos pagando entre todos.
"Reganosa non conta neste momento con seguros de responsabilidade civil, porque estes están ligados á legalidade da actividade da planta. Nas propias pólizas especifícase que teñen que manter vixentes as actualizacións"
Neste momento Reganosa é ilegal ou ten un prazo determinado para regularizar a súa situación?
Estas dúas sentenzas son directamente executables: que Reganosa siga aberta e que siga recibindo barcos, como sucedeu hai uns días, son actos que están fóra do ordenamento xurídico. É por iso que interpuxemos unha denuncia, porque a entrada de gaseiros na ría neste momento pode ser constitutivo dun delito de desacato. Ademais, hai que ter en conta que Reganosa non conta neste momento con seguros de responsabilidade civil en vigor, porque estes están ligados á legalidade da actividade da planta, que nestes momento non se cumpre. Nas propias pólizas especifícase que teñen que manter vixentes as autorizacións.
"O sistema de retribucións do sistema gasístico é unha trampa: non se paga en función do que vendas, senón que se pega en función do que investiches. Reganosa non produce, pero si que cobra, cobra ao redor de 60 millóns de euros ao ano"
Como é o proceso que debe pasar agora Reganosa para legalizar a súa situación?
Reganosa ten que pasar outra vez, dende cero, todos os trámites que esixe a Lei de Hidrocarburos, que esixe catro cousas: primeiro, que a instalación sexa conforme ao planeamento urbanístico e que cumpra a normativa de ordenación do territorio; segundo, debe cumprir coa normativa medioambiental, algo que non pode facer e por iso o Goberno en funcións tenta que a eluda aplicando unha excepción; terceiro, Reganosa ten que cumprir coa normativa de seguridade; e cuarto, ten que acreditar a súa viabilidade económico-financeira.
En canto á viabilidade económico-financeira, levades anos denunciando que a actividade de Reganosa se sostén artificialmente...
Reganosa é deficitaria, o único que fixo Reganosa nestes anos foi empobrecer a cidadanía e enriquecer o grupo Tojeiro. Porque a planta non ten unha actividade suficiente para cubrir os seus custes, en Galicia non hai unha necesidade suficiente de gas que xustifique a súa existencia. Non produce, pero si que cobra, cobra ao redor de 60 millóns de euros ao ano. O sistema de retribucións do sistema gasístico é unha trampa: non se paga en función do que vendas, senón que se paga en función do que investiches. Aínda hoxe estamos pagando nas facturas da electricidade os sobrecustes consecuencia da creación de plantas como Reganosa ou pola creación de ciclos combinados que producen moi por debaixo da súa capacidade.
 
"O planeamento urbanístico de Mugardos nunca foi modificado de maneira legal, modificouse ilegalmente co obxectivo de xustificar a presenza de Reganosa"
A empresa, e tamén o Goberno en funcións, invocan a modificación do PXOM de Mugardos de 2012 para asegurar que, agora si, a planta cumpre co ordenamento urbanístico. Non é así?
O planeamento urbanístico de Mugardos nunca foi modificado de maneira legal, modificouse ilegalmente co obxectivo de xustificar a presenza de Reganosa. Reganosa non cumpre a normativa de ordenación do territorio, porque a instalación está a cen metros das casas, porque dentro do círculo de exclusión total de ten que ter Reganosa hai colexios, hai cafeterías... Este novo plan, que está recorrido ante a xustiza, non substitúe a unha avaliación de impacto ambiental. E, por moito que un plan municipal autorizase este tipo de uso nese lugar, iso non o converte en legal, estando suxeito a outras normas, coma a Lei de Hidrocarburos. A planta nunca poderá cumprir con esta normativa. Agora din que xa a cumpre, porque se fixo un novo PXOM; isto non é máis que un intento de que converter en legal unha instalación ilegal, volvendo tramitar o procedemento, pero sen revisar o fondo. Iso fixérono moitos concellos cos seus planeamentos urbanísticos ilegais e o Tribunal Supremo sinalou que esta mecánica, que busca levar estas cuestións ata o infinito a través de recursos, non é correcta.
"Legalizar o ilegal é unha práctica moi común, que deteriorou o estado de dereito neste país, e que nos últimos anos se levou a cabo sobre todo no ámbito do urbanismo"
Existe o perigo de que, mesmo con sentenzas claras e contundentes, Reganosa poida manter a planta activa a través de recursos?
Hai un problema coa falta de contundencia dos tribunais, o Supremo non debería permitir iso. É o que lle imos pedir agora con este recurso. Legalizar o ilegal é unha práctica moi común, que deteriorou o estado de dereito neste país. De maneira sistemática, cando unha obra era declarada ilegal polo Tribunal Supremo, o concello -para evitar paralizala- volvía a iniciar un procedemento de modificación dos planeamentos para dar cabida ao que se declarara ilegal. É un deterioro do artigo 24 da C.E. do dereito á tutela xudicial efectiva, porque se se lles permite ás administracións públicas entrar neste bucle e nestas trampas, ao final o que pasa é que a xustiza non é xustiza. Levamos 16 anos de pelexa e agora imos ter que pasar non se sabe canto tempo máis, esperemos que sexa pouco. Todas esas trampas que se levaron a cabo no urbanismo buscaban legalizar obras inocuas, que non eran perigosas. O caso de Reganosa é máis grave, porque estamos falando dunha instalación perigosa.
"Que o Consello de Ministros se molle deste xeito para favorecer os intereses privados dunhas empresas, algunha vinculada ao financiamento ilegal do PP, sorprende moito"
Este mecanismo pódelles ser suficiente aos propietarios da planta? É dicir, aínda que a planta acabe por pechar, válelles con mantela aberta uns anos máis, e así recuperar con creces o seu investimento?
Claro que lles vale. A eles non lles importa en absoluto o interese xeral, nin sequera se lles pode chamar empresarios. O que eles buscan é que isto siga aberto un pouco máis, manterse dentro do sistema de retribucións grazas ao que ingresan 60 millóns de euros cada ano, seguir amortizando o custe da planta. Hai que ter en conta que esta instalación lle custou cero euros ao señor Tojeiro, pois a súa parte a achegou a través dunha concesión pola que estaba pagando uns 100 mil euros anuais e que foi valorada en 20 millóns. O señor Tojeiro non correu o máis mínimo risco empresarial, só recibiu beneficios. Cando Reganosa acabe pechando, porque non hai outra saída posible, porque ter unha planta de gas en medio dun núcleo habitado en pleno século XXI é un dislate, o señor Tojeiro levará 15 anos cobrando estas retribucións. Ese é un dos grandes problemas que temos en España: a xustiza adíase tanto que se acaba perdendo a eficacia da tutela xudicial efectiva. Normalmente esas manipulacións veñen de organismos locais, pero neste caso foi o propio Consello de Ministros. Que o Consello de Ministros se molle deste xeito para favorecer os intereses privados dunhas empresas, alguna vinculada ao financiamento ilegal do PP, sorprende moito. Que un goberno en funcións se meta nisto, é inaudito.
Dáme a impresión de que en Reganosa están contidas algunhas das peores prácticas e comportamentos que este país sufriu nas últimas dúas décadas, dende a connivencia entre o poder público e os intereses privados ata o funcionamento dun sistema enerxético que acabou producindo un gasto público moi grande, o enriquecemento dunhas poucas empresas e o fenómeno da pobreza enerxética. Estás de acordo?
Si, a verdade que neste caso se reproducen situacións que observamos noutros lugares de España, e ás veces sorprende que o escándalo de Reganosa non teña máis repercusión. En canto ao que comentas do sistema enerxético, aquí vemos claramente os efectos da connivencia dos distintos axentes que están no seu interior. Enagás é quen decide no 2007 que se pechen os gasodutos que chegan a Galicia. Aquí vese que todo funciona en base a intereses cruzados, apóianse uns aos outros. A clave é que a retribución que lles paga o Estado non está ligada á produción, senón ao investimento inicial, polo tanto todas as empresas saben que se hai sete plantas de gas van cobrar a súa retribución fixa, e se hai catorce pois tamén.
"O Consello de Ministros deunos a razón, demostrando que Reganosa non se sostén. Ademais, conseguiu reforzar o movemento, convenceunos de que este é o momento de ir a por todas, de dar a batalla definitiva"
A resolución final deste conflito, polo tanto, é política e social ademais de xudicial, non si? É o momento da batalla definitiva contra a planta?
O Consello de Ministros deunos a razón, demostrando que Reganosa non se sostén. Ademais, conseguiu reforzar o movemento, convenceunos de que este é o momento de ir a por todas, de dar a batalla definitiva. Ás veces dáme a impresión de que o Comité Cidadán chegou demasiado cedo, iniciou a súa actividade a comezos da pasada década, nun momento en que este tipo de reivindicacións non estaban de moda, na que a economía crecía, a burbulla crecía e opoñerse a ela parecía unha oposición ao progreso. O que sucedeu en Ferrolterra con esta plataforma é unha milagre: un movemento social que durante 16 anos se mantivo unido e vivo a pesar das dificultades. Fomos rigorosos e serios, e grazas a iso chegamos ata aquí. Soubemos traballar en equipo, cada un no seu ámbito: Carlos Álvarez, Humberto Fidalgo, Luz Marina Torrente, Manuel Afonso Amorín, Rafael Pillado, Manuel Rodríguez Carballeira Lalán e tantos e tantas outras. Hai que poñer en valor a estas persoas comprometidas, persoas que loitan polo interese xeral, que puxeron esta loita por diante das súas filiacións políticas ou sindicais. Agora que o Supremo nos deu a razón, os ánimos, as vontades e o consenso político deben estar do noso lado. Debemos apoiarnos entre todos para conseguir paralizar a actividade de Reganosa canto antes sexa posible.
 
 
 -- 

Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995